150 escolares vigueses gozarán desta acción co fin de achegar aos máis pequenos á figura de Verne e o seu vínculo coa cidade de Vigo. Este ano cúmprense 150 anos desde que o escritor francés imaxinara o paso do Nautilus pola ría de Vigo. Vigo le a Verne complétase cunha acción de fomento da lectura nas librarías da cidade onde os vigueses poderán coñecer en detalle a literatura no só do escritor francés senón tamén os libros relacionados co vínculo de Verne con Vigo.
A acción Vigo le a Verne está promovida polo Concello de Vigo, e mais as editoriais viguesas Galaxia, Lobito Bueno, Ir Indo e Xerais.