Esa Galiza viviuna e describiuna mellor que ninguén Xosé Neira Vilas que na diáspora, primeiro na Arxentina e logo en Cuba, abriuna e desgranouna entregándonos na súa narrativa a realidade de terras mortas de fame cheas de xente morta de fame e desesperanza.
O seu Balbino, protagonista desapasionado de «Memorias dun neno labrego», non deixaba de ser el mesmo narrando de xeito realista e crítico a realidade social dunha terra esgotada que forzaba a súa mocidade a emigrar… Tan lonxano e tan actual ó mesmo tempo. Pero a realidade de Neira Vilas non so tivo ó rural galego como protagonista ainda que si fose un eterno persoaxe secundario. Estudiou a emigración en «Camino bretemoso» ou «Remuíño sen sombras», falou das historias da guerra civil do 1936 en «Aqueles anos do Moncho» ou presenteunos, dunha forma quizáis un pouco paternalista á muller rural en «Nai» ou en «Querido Tomás», como figuras relegadas ó papel de nais ou pacientes namoradas.
Aínda que Xosé Neira Vilas recibiu en vida, como construtor que é desa realidade chamada Galiza, toda serie de homenaxes e recoñecementos, cabe hoxe un máis para agradecerlle 87 anos de labor literaria e periodística de necesaria lectura nestas datas de desapego, para entender e para entendernos.
Grazas maestro e que a terra lle sexa leve.