A Clásica celebrará o Día de Galicia en Alcabre, cun concerto no prado da praia de Carril, concretamente entre a praia e o Pazo dos Escudos. Será ás 21:00 horas cun programa monográfico adicado a Mozart, no que destacamos a serenata en re maior que contará cos solistas Raquel Carrera, Iria Pérez, Daniel Fernández e Gustavo Barcia.
Como en todos os concertos deste ciclo, desenvolverase unha acción previa a partir das 20:15 horas para que a rapazada participe nunha actividade divulgativa que acompañará á proba de son. As entradas son de balde con acceso controlado.
Con este concerto, a Orquestra Clásica de Vigo pecha o ciclo de verán, apoiado polo Concello de Vigo, para achegar a música clásica aos barrios da cidade.
A orquestra está a traballar nun dos concertos máis singulares desta temporada en colaboración co dúo vigués, Cinta Adhesiva, nomeados aos Premios Martín Codax da Música en 2016 na categoría de música electrónica. Será o vindeiro 3 de agosto na Praza da Veracruz do Carballiño ás 21:00 horas, con entrada de balde ata completar aforo. Trátase dunha experiencia multidisciplinar que combinará música clásica, poesía e audiovisual a partir dunha proposta artística elaborada mediante unha dinámica de cadáver exquisito.
A orquestra seleccionou pezas de Mozart que alternan dous divertimentos e varios números da ópera Cosi fan tutte; a continuación Silvia Penas, poeta e vocalista de Cinta Adhesiva, creou un texto poético que recitará no directo empregando a métrica e o ritmo dos números de ópera; e por último, Jesús Andrés Tejada, artista visual e instrumentista de Cinta Adhesiva, realizou sobre o anterior unha proposta audiovisual empregando, entre outras, imaxes de Alice Guy.
Como en todos os concertos deste ciclo, desenvolverase unha acción previa a partir das 20:15 horas para que a rapazada participe nunha actividade divulgativa que acompañará á proba de son. As entradas son de balde con acceso controlado.