A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, festexa, coa colaboración co Concello de Vigo, a Reconquista de Vigo e o fará no mesmo escenario do ano 2019 antes da pandemia: a Concatedral de Santa María de Vigo, sita no Casco Vello. A cita o sábado 26 de marzo ás 13.30 horas con entrada libre ata completar aforo.
Actuarán en primeiro lugar os mais novos, instrumentistas de violín, viola, violonchelo, contrabaixo e piano, da Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández Núñez, e a continuación a Orquestra Xuvenil, dirixida por José M. Fernández, que interpretará un repertorio de pezas de música clásica de compositores como Sibelius, Telemann e Bach.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Este concerto da Reconquista da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211 forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo e que comezou en 2022 cun Concerto de Aninovo celebrado no Auditorio do Centro Cultural de Beade.
O próximo concerto ‘A Forza dunha lingua’ estará dedicado ao escritor, editor e activista Florencio Delgado Gurriarán con motivo do Día das Letras Galegas e terá lugar o sábado 14 de maio no Centro Cultural de Bembrive.