A Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra arranca este luns o curso 2022-23 e faino ofrecendo clases gratuítas en Vigo para nenos e nenas a partir dos 6 anos nas modalidades de gaita, pandeireta e tambor.
O prazo de matrícula para comezar a formarse nestes tres instrumentos xa está en marcha, así como o das outras materias tradicionais que se imparten: Zanfona, Canto tradicional, Corda pulsada, Acordeón e Música e Movemento, todas elas sen límites de idade.
As persoas interesadas en calquera destas clases pode atopar toda a información ao respecto e formalizar a súa inscrición a través da web da escola ou chamando ao 986 487 020. O proxecto formativo da Escola de Gaitas está dirixido a todo tipo de público e se imparte fisicamente nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).
Historia da Escola de Gaitas
Tras dar os seus primeiros pasos como asociación a principios do novo milenio e despois dunha importante actividade dentro e fora de Galicia, foi no 2005 cando naceu a Escola de Gaitas chegando a contar con distintos centros operativos en distintos puntos das comarcas de O Salnés, Deza, Morrazo, Pontevedra y Vigo.
Pola Escola de Gaitas, pasaron xa preto de 5.000 alumnos e alumnas e, na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.
No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxectivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Un proxecto formativo que busca afondar na riqueza musical da gaita, a zanfona e a percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe onde se combinan coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais.
Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas están a súa participación no Día da Hispanidade de 2003 en New York, no Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) en 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España en 2022.