A sección xuvenil da Orquestra Kv2211 realizou este venres un flashmob na rúa do Príncipe en Vigo. Os xoves interpretaron a «Marcha pola Cerimonia dos Turcos» (1670) de J.B.Lully nas inmediacions do Museo Marco como colofón as actuacións da Orquestra na primeira metade de ano.
Os obxetivos da Kv2211 son contribuír a oferta cultural e musical da cidade de Vigo, abrindo a música clásica a todas as idades sobre todo aos máis cativos e formar aos nenos e mozos na práctica de instrumentos de corda, dando a oportunidade de tocar en público para demostrar os seus avances no estudio e na súa formación.
Esta actuación está incluída na programación da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 do ano 2021 que conta co apoio e colaboración do Concello de Vigo.