A partir desde lunes 10 de febreiro póñense á venda as entradas para os tres primeiros concertos da Orquesta Clásica de Vigo, que terán lugar no Teatro Afundación de Vigo. A venda realizarase a través da web de Ataquilla ou na sede de Afundación, na Rúa Policarpo Sanz 24.
Esta tempada arrinca o 14 de marzo no Teatro afundación interpretando o concerto para piano e orquestra de E. Grieg xunto coa obra de Manuel de Falla «El sombrero de tres picos».
Tras a celebración do 35 aniversario da formación no ano 2019, «Miradas» é unha homenaxe ás nosas avoas e aos nosos avós. Unha volta á esencia para recoñecer o traballo deses xigantes que nos precederon e que confuguraron o que somos hoxe en día.
Co 2020 arrinca a tempada 20.1 da Orquesta Clásica de Vigo baixo o título Miradas, nunha programación composta por tres concertos que terán lugar no Teatro Afundación de Vigo onde diversidade e complexidade, señas de identidade que definen o noso mundo, están presentes.
Baixo esta premisa, a tempada enténdese como un único fío conductor no que se coonxugarán obras de distintos estilos e autores para ofrecer unha lectura única da música sinfónica.
En marzo buscarase tecer pontes entre dous artistas moi distantes: o Concerto para piano e orquestra de Grieg, interpretado pola pianista galega Berta Fresco. Completarase o programa co Sombrero de Tres Picos, de Manuel de Falla.
En abril tócalle o turno ao clasicismo, ofrecendo unha lectura que contraste a Haydn con Mozart, artista do que interpretaremos o Concerto para Arpa, Frauta e orquestra da man do dúo de artistas locais Marta Comesaña e Alba Barreiro. Un concerto único no que destacarán estes dous instrumentos tan singulares.
En maio, pecharemos a tempada 20.1 por todo o alto interpretando o Concerto para Violoncello e Orquestra de Elgar, para este proxecto contarase co prestixioso violonchelista internacional Guillermo Pastrana, e a Sinfonía Italiana de Mendelssohn.
Ademáis todos os concertos contarán cunha abertura de Beethoven, autor do que celebramos o 250 aniversario do seu nacemento. Búscase así evitar a saturación típica das celebracións pero sen esquecer ao mestre universal.
Por último, cada un dos tres concertos contará coa estrea das obras gañadoras doconcurso CreaClásica 2019, organizado pola Orquesta Clásica de Vigo en colaboración coa Fundación SGAE.
Tras o verán e os concertos de rúa, a Orquesta Clásica de Vigo volve ao teatro en outubro coa Tempada 20.2.
Concertos:
14 de marzo: Grieg + Falla | Teatro Afundación ás 20:30
Entradas dende 5€
16 de abril: Haydn + Mozart | Teatro Afundación (Auditorio) ás 20:30
Entradas a 13€
16 de maio : Elgar + Mendelssohn | Teatro Afundación ás 20:30
Entradas dende 5€
Os abonos teñen un prezo xeral de 40€ e de 20€ para os menores de 30 anos e están á venda na web da Orquesta Clásica de Vigo e na Librería Versus.