A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este sábado 8 de xaneiro ás 19:00 horas no Centro Cultural de Beade con motivo do Aninovo. O concerto servirá para celebrar a chegada do ano 2022.
O concerto divídise en dúas partes. En primeiro lugar, actuará a sección infantil baixo a dirección de Raquel Fernández. Unha treintena de nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de idade, instrumentistas de violín, viola, violonchelo e contrabaixo, que interpretarán un ameno repertorio navideño. E, a continuación, a sección xuvenil, dirixida por José M. Fernández, con obras de Vivaldi, Corelli e Chaikovski.
Para asistir ao concerto de Aninovo da orquestra en Vigo, celebrado gracias á colaboración do Concello, pódese enviar un mail a reservaskv2211@gmail.com. Haberá que indicar o nome e o teléfono das personas que asistirán. O acceso ao auditorio implica o cumprimento da normativa Covid-19.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 con carácter formativo e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Concertos en 2021
En 2021, a orquestra festexou ademáis o Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias no concerto “A Forza dunha lingua”, e celebrou o Concerto de Verán e o tradicional Ciclo “Música clásica nas parroquias”, unha iniciativa da Kv2211 coa que pretende contribuír á oferta cultural e dinamización musical de Vigo. Así, a sección xuvenil da Kv2211 realizou un flashmob sorprendendo aos transeúntes na rúa Príncipe.
Programación para 2022
Para 2022, a Kv2211 ten diseñado unha programación que dará comenzo co mencionado este sábado 8 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade co fin de festexar o Aninovo. Ademais, os concertos son gratuítos cun límite de aforo e cumprimento da normativa Covid-19.