A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 festexou este domingo o Nadal no Auditorio do Concello de Vigo e puxo así a guinda a un 2021 cheo de música. O ano comezara neste mesmo escenario co Concerto de Aninovo. Amancio Fernández, representante da asociación Kv2211, puxo en valor o apoio do Concello de Vigo, así como a colaboración dos pais e nais da orquestra. Tamén recoñeceu a labor realizada estes días pola directora invitada da sección xuvenil da orquestra, Yavet Boyadjiev.
Boyadjiev destacou o papel das orquestras infantís e xuvenís na educación porque “contribúen a formar mellores seres humanos, sensibles e capaces de crear algo bello en conxunto”. Neste senso Boyadjiev sinala que “a educación musical é importante para desenrolar a sensibilidade e o gusto dos nenos. A educación musical, cando no é parte da escolaridade xeral, debe buscarse nas actividades extracurriculares e é aquí onde os programas de orquestras infantís e xuvenís adquiren unha gran relevancia”.
O concerto dividiúse en dúas partes. En primeiro lugar, a sección infantil, baixo a dirección de Raquel Fernández, que interpretou un ameno repertorio navideño. E, a continuación, a sección xuvenil, dirixida pola directora invitada, Yavet Boyadjiev, que actuou de concertino, con obras de Vivaldi, Corelli e Chaikovski entre outros compositores. Boyadjiev é violinista, investigadora e pedagoga nada en Cuba, doutora en Artes Musicais polo Graduate Center da City University of New York. 2021
A Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211, con preto de 60 músicos de entre 8 e 22 anos de idade, tivo un ano intenso de música. Comenzou 2021 cun Concerto de Aninovo, mais o seguinte concerto, o “Música para unha Reconquista”, viuse adiado ao mes de outubro polo coronavirus e contou coa participación do grupo de teatro R1809.
Concertos en 2021
En 2021, a orquestra festexou ademáis o Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias no concerto “A Forza dunha lingua”, e celebrou o Concerto de Verán e o tradicional Ciclo “Música clásica nas parroquias”, unha iniciativa da Kv2211 coa que pretende contribuír á oferta cultural e dinamización musical de Vigo. Como novidade, a sección xuvenil da Kv2211 realizou un flashmob sorprendendo aos transeúntes na rúa Príncipe.
Programación para 2022
Para 2022, a Kv2211 ten diseñado unha programación que dará comenzo o vindeiro sábado 8 de xaneiro ás 19 horas no Centro Cultural de Beade co fin de festexar o Aninovo. A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense. Os concertos son gratuítos cun límite de aforo e cumprimento da normativa Covid-19.