Será o primeiro concerto da banda en Vigo (estiveron nunha ocasión anterior nun concerto con Iván Ferreiro con aforo reducido). A banda naceu en 2012 e ao ano seguinte sacaron ao mercado o seu primeiro álbum, León Benavente (Marxophone). Despois do éxito do tema “Ánimo valiente”, o seu proxecto musical, cun rock indie con reminiscencias dos 80 e letras que falan da difícil realidade e da crise, consolídase cun segundo traballo León Benavente 2 (Warner Music) que están a presentar en xira por toda España e México.
O concerto terá lugar no Teatro de Cidade Universitaria a partir das 18.30 horas.
O Sonora’17 (22 de marzo), a segunda gran cita musical da programación da Universidade de Vigo, ofrecerá nesta edición as propostas de Royce Rolo (DJ set), membro do colectivo Banana Bahía Music, e o hip-hop-trap de Agorazein. Rolo é un dos máis importantes produtores, recoñecido en gran parte por ser un dos renovadores do son da música urbana. Como DJ, xunto a Kaixo, é un habitual das festas do Overdose Club. Royce Rolo pinchará antes e despois da actuación de Agorazein. Os madrileños, formados por C. Tangana, Sticky M.A., Fabianni, Jerv.agz e I-Ace, están chamados a ser o grupo revelación do hip-hop neste 2017. De feito, C. Tangana xa é un dos artistas máis relevantes da escena estatal e un habitual dos máis importantes festivais de música independiente. No concerto da Universidade de Vigo tocarán temas do seu último traballo Siempre, cheos de bases electrónicas e ritmos lentos.
Por último, o apartado musical pecharase co Concerto Ensaiamos, Colleita 2017. As bandas que forman parte do programa Ensaiamos deste ano terán esta oportunidade para pórse diante do público. Ademais, serán avaliados tanto polo público como por un xurado profesional. O gañador terá a oportunidade de gravar a súa primeira maqueta nos estudos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Teatro
A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) cumpre a súa 19 edición no escenario da Universidade de Vigo. Nesta ocasión, forman o seu cartel seis obras. As dúas primeiras estarán a cargo do grupo Comedia da Arte da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo (ESAD) de Vigo (15 de marzo) que porá en escena Don Giovanni e da Aula de Teatro de Ourense-Maricastaña (5 de abril) coa obra A última cornixa do mundo. Estas dúas pezas poderán verse no Teatro de Cidade Universitaria ás 18.30 horas. As catro función restantes, todavía por determinar, gozaranse o 25 e 26 de abril no Teatro de Cidade Universitaria e (18.30 h) o 2 e 3 de maio no Auditorio do Concello de Vigo (20.30 horas).
Por último, neste cuadrimestres programaranse dous ciclos Cine e Lingua. Terá lugar unha nova edición do Let’s go to the flicks cunha selección de películas en lingua inglesa e, como novidade, un ciclo de cine asiático entre o que se atopan realizadores como Zhang Yimou o Ang Lee. As sesións, que terán lugar no Edificio Cambón, comezarán o 1 de marzo e rematarán o 10 de maio. Sempre ás 20.00 horas.
Un ano máis mantéñense intactos os obxectivos orixinais desta veterana proposta cultural que é a de achegar aos universitarios a cultura nas súas diferentes manifestacións, sempre baixo a premisa de variedade e calidade.
A entrada a todas as actuacións, obras teatrais e proxeccións son libres ata completar aforamento.
PROGRAMACIÓN
DÍA/HORA |
ACTUACIÓN |
CATEGORÍA |
LUGAR |
22 de febreiro 18.30h |
León Benavente |
Música |
Teatro Cidade Universitaria |
22 de marzo 17.30h 18.00h 19.30 h |
SONORA 17 Royce Rolo (DJ set) Agorazein Royce Rolo (DJ set) |
Música |
Teatro Cidade Universitaria |
27 de abril 17.30h |
Concerto Ensaiamos Colleita 2017 |
Música |
Centro Comercial da Cidade Universitaria |
Do 15 de marzo ao 3 de maio 18.30h e 20.30h |
MITEU |
Teatro |
Teatro Cidade Universitaria/ Auditorio do Concello |
Do 1 de marzo ao 3 de maio 20.00h |
5º Ciclo Cine e Lingua. INGLÉS |
Cine |
Edificio Cambón |
Do 8 de marzo ao 10 de maio 20.00h |
6º Ciclo Cine e Lingua. CINE ASIÁTICO |
Cine |
Edificio Cambón |
León Benavente
22 de febreiro
Teatro Cidade Universitaria (18.30h)
Grupo indie formado no 2012 por catro músicos veteranos: Abraham Boba (voz e teclados) e Luis Rodríguez (guitarra), habituais na banda de Nacho Vegas e Boba tamén como solista; Eduardo Baos (baixo e sintetizador), de Thachenko e César Verdú (batería), ex integrante de Schwarz.
O seu primeiro álbum, León Benavente (Marxophone), edítase en 2013. Con temas como «Ánimo, valiente», acadaron xa un gran éxito por parte da crítica e participaron en festivais como o Sonorama e o Arenal Sound, onde deixaron patente a potencia do seu directo. A solidez artística do grupo como tal chegaría na primavera de 2016 cando poñen no mercado o seu segundo LP, 2 (Warner Music). Un rock con sons que percorren tamén o punk e a electrónica, con reminiscencias dos oitenta, os seus temas abordan a realidade actual desde a ironía e o compromiso. A crise ou a realidade social de hoxe en día fanse oco en temas como “Tipo D” onde falan de tarxetas Black, cargos políticos ou dos Bardem.
SONORA 17
Teatro Cidade Universitaria
22 de marzo
Royce Rolo (17.30h e 19.30 h)
DJ set (Banana Bahía Music)
Con base en Vigo, e desde a plataforma musical Banana Bahía Music, que agrupa a varios grupos de artistas musicais e visuais, Royce Rolo é un dos produtores independentes máis prolíficos dos últimos tempos, destacando por ter renovado o son da música urbana do panorama nacional. Rolo é o responsable da evolución musical de artistas como C.Tangana, Recycled J, Dellafuente, Maka ou Agorazein, acadando abrir este xénero a un público máis global.
Como músico, Rolo acada e fai seu o son máis vangardista da new wave de Atlanta, Toronto ou Latinoamérica, dotando aos seus traballos dunha visión persoal que non deixa a ninguén indiferente, poñendo á disposición do público nos seus director unha alternativa chea de frescura difícil de atopar no país.
SONORA 17
Agorazein (18.00h)
Formación composta en 2011 por C. Tangana, Sticky M.A., Jerv. Agz., Fabianni e I Ace, un grupo de amigos madrileños, todos eles cunha ampla traxectoria individual ás súas costas no hip-hop-trap. Co seu primeiro LP autoproducido en 2011, King of red, irromperon no panorama musical cunha fusión de bos ritmos e melodías que desprendían tristeza e rebeldía, actuando como un revulsivo da escena musical urbana que, por aquel entón, non pasaba polo seu mellor momento.
O seu LP “Siempre” (novembro de 2016) é o seu último traballo no que se da conta, a través do seus quince temas repletos de amor, desamor, sexo, infidelidades… do bo estado deste grupo que define a vangarda da música española do momento e que é recoñecido pola crítica e polo público pola potencia dos seus directos.
CICLOS CINE E LINGUA
A programación cultural de Extensión Universitaria da UVigo continúa neste cuadrimestre co Ciclo de Cine e Lingua, co apoio do Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Neste cuadrimestre, e dado o éxito de convocatoria que ten acadado esta iniciativa en cuadrimestres diferentes, teñen programados dous ciclos que se desenvolverán en paralelo entre os meses de marzo e maio: un de cine en versión orixinal inglesa e outro de cine asiático (chinés mandarín, xaponés, coreano e hindi). O 5º Ciclo Cine e Lingua, Let’s go to the flicks, contará coa proxección de cinco filmes de directores tan recoñecidos como Stephen Frears, Alejandro Iñárritu ou o afamado Charlie Chaplin co seu corto The Inmigrant. No 6º Ciclo, adicado ao cine asiático, se proxectarán cinco filmes en diferentes idiomas e con directores da talla de Zhang Yimou o Ang Lee.
Nesta iniciativa colabora o Centro de visitantes Cambón. Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Xunta de Galicia.
Todos os pases serán ás 20.00 horas no edificio Cambón e presentarán as películas e moderarán o coloquio posterior, no caso do ciclo inglés, Keith Payne, profesor do Centro de Linguas da UVigo; e no caso do asiático, Lili Wo, profesora de chinés e xaponés tamén do Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
Programación 5º Ciclo Cine e Lingua. Inglés
DATA |
PELÍCULA |
1 de marzo 20.00h. |
May beautiful laundrette Stephen Frears(1985) |
15 de marzo 20.00h. |
Babel Alejandro Iñárritu (2006) |
29 de marzo 20.00h. |
The visitor Tom McCarthy (2007) |
19 de abril 20.00h. |
You’re ugly too Mark Noonan (2015) |
3 de maio 20.00h. |
The Immigrant (1917) Charlie Chaplin A night at the opera (1935) Dir. Sam Wood |
Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.
Entrada libre. Proxeccións ás 20.00h.
Programación 6º Ciclo Cine e Lingua. Cine asiático.
DATA |
PELÍCULA |
8 de marzo 20.00h. |
Héroe / chinés Zhan Yimou (2002) |
22 de marzo 20.00h. |
Despedidas / xaponés Yojiro Takita (2008) |
5 de abril 20.00h. |
Comer, beber y amar/ chinés Ang Lee (1994) |
26 de abril 20.00h. |
JSA Área común de seguridad / coreano Chan-wook Park (2000) |
10 de maio 20.00h. |
3 Idiots / hindiRajkumar (2009) |
Auditorio do Edificio Cambón: Rúa Oliva, 3. Casco Vello de Vigo.
Entrada libre. Proxeccións ás 20.00h.