O festival arrancou o pasado mércores 24 de xullo co espectáculo ofrecido por Baiuca e Presumido. Unha cita que contou cunha gran acollida por parte do público, que reaccionou positivamente ante unha proposta de ocio que conxuga a músicos emerxentes e consagrados nun escenario arquitectónico singular e coa posta de sol como valor engadido.
Os concertos, son gratuítos e contan cun aforo limitado a 300 persoas, pero as entradas, que estiveron dispoñibles na web www.solporesdomuseo.com, esgotáronse en tan só dúas xornadas tras o anuncio do ciclo. En total habilitáronse 1.800 entradas gratuítas en só 48 horas.
O programa inclúe un concerto semanal ata finais de agosto e contará con artistas como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.
Tras a cita deste xoves, con Amaro Ferreiro e Villanueva, será a quenda do grupo vigués Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, que actuarán o 8 de agosto. O 15 de agosto, a música correrá a cargo de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño. Xa o xoves 22 de agosto terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.