Coma cada ano, o Galician Freaky Film Festival aposta por amosar as mellores pezas audiovisuais freaks, de terror e underground, tanto nacionais coma internacionais, pero tamén por levar a cabo diversas actividades paralelas culturais.
Esta nova edición non é una excepción e aínda que o aforo será máis reducido e as medidas de seguridade, elevadas. En todo caso, realizaranse diferentes actos onde o principal protagonista será a música no cinema. Así, os asistentes poderán gozar en directo de ‘Anónimo IV’, podcast musical enfocado no cinema e a Aula CREA, coloquio impartido polo recoñecido especialista en música de cine Conrado Xalabarder, colaborador tamén da revista Fotogramas dende 1996.
‘Anónimo IV’ é un podcast sobre musicoloxía e investigación musical realizado en Galicia por Erea Carbajales, Brais González e múltiples colaboradores. Deste xeito, para a nova edición do Galician Freaky Film Festival, farase un programa en directo o xoves 29 de outubro ás 17.00 no que participarán Conrado Xalabarder, Nani García e Manuel Riveiro coma convidados.
Así, Conrado Xalabarder é colaborador e creador da maior web de bandas sonoras do mundo (tamén fará un coloquio en Aula CREA).
Nani García é compositor, músico, arreglista e produtor musical cunha longa traxectoria en diversos formatos do medio audiovisual. Ademais, e autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, curtas, obras de teatro e programas de TV.
Doutra banda, Manuel Riveiro é un músico e compositor que leva preto de vinte anos compoñendo tanto para cine coma para televisión. Neste eido ten composto bandas sonoras como El final del camino ou La unidad. Para a gran pantalla ten participado tanto en películas nacionais como El desconocido ou La sombra de la ley, dirixidas por Dani de la Torre, e nas películas de terror norteamericanas The Green Inferno ou Knock Knock, de Eli Roth.
Neste programa debateranse e analizaranse diversos aspectos da música no cinema, especialmente no eido fantástico e de terror. Ademais tamén haberá espazo para afondar, entre outros, no fenómeno fan das BSO ou incluso na música nos videoxogos, sen dúbida, unha nova forma de expresión musical para os compositores.
Aula CREA
Co fin de profundar no impacto que ten a música no cinema, o Galician Freaky Film Festival levará a cabo, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da dirección e realización, a Aula Crea o venres 30 de outubro ás 17.00.
Nela contarase coa presencia de Conrado Xalabarder, recoñecido especialista en música de cine, autor de obras coma Enciclopedia de las Bandas Sonoras, Música de cine: Una ilusión óptica y El Guion Musical en el Cine, colaborador dende 1996 de Fotogramas, a revista de cine de maior difusión, e creador da web Mundo BSO, o maior portal de bandas sonoras comentadas do mundo.
Deste xeito, os asistentes non só poderán coñecer máis acerca do fascinante mundo das BSO, senón tamén participar dun xeito activo na conferencia, que está aberta a debate.
Venta online
Debido a actual crise sanitaria e para facilitar a xestión e os trámites, as entradas estarán unicamente dispoñibles a través da web do GFFF.
Neste sentido, os asistentes terán a opción de mercar un abono VIF, con acceso a todos os pases e actividades do certame ou escoller unha entrada para a inauguración. Ademais, ao ter un aforo moi limitado, existirá a posibilidade de ver a sección oficial online, podendo facerse co billete correspondente na web.