A banda barcelonesa súmase ás revolucionarias Las Chillers, ao caos creativo e punk de Los Nastys, á música latina e o rock de raíces de Los Vinagres, aos galegos Novedades Carminha e ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse, xa anunciados previamente pola organización, que desvelará máis bandas nas próximas semanas. As persoas interesadas en adquirir os seus abonos para os dous días de Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, a un prezo de 22 euros.
O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de camións de comida, sesións DJ, obradoiros, charlas…