A cita será o vindeiro 27 de xullo ás 22:30 horas na Praza do Calvario do Concello do Rosal e os grupos encargados de inaugurar o festival serán dúas bandas lideradas por mulleres.
En primeiro lugar actuará The Black Note, procedente de Madrid e o frente da banda a sensual e desgarradora voz de Blanca de la Plaza. Veñen por primeira vez a nosa terra para presentar as cancións do seu novo álbum «I´m Here and I´m Ready», onde o Soul, o Funk e Rhythm&Blues son os seus ingredentes principais.
Stevie Wonder, Ray Charles, Sam Cooke, Otis Redding, Etta James, Elvis Presley, Cole Porter, Nina Simone, Aretha Franklin… son algunhas das suas referencias musicais e seguro que deleitarán cunha boa dosis deles no concerto de apertura de esta primeira edición do «Vive o Baixo Miño – Vive o Soul».
O prato forte da noite será a visita de The Buttshakers, única data en Galicia. Esta banda francesa liderada pola carismática Ciara Thompson, non deixará a ninguén indiferente ante o seu derroche de enerxía e pasión sobre o escenario, a base de Rhythm and Blues, Soul e esa dosis de enloquecido Garaje.
Baile frénetico intentando seguir o ritmo marcado por unha das mellores bandas de este xénero creadas en Europa. Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Tina Turner, Bellrays… e infinidade de bandas poderían ser referencia do grupo.