As catro artistas teñen moito máis en común do que semella a simple vista, pois todas elas loitaron pola necesaria reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da xota con aires tropicais.
O espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro, estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que reinventaron e revolucionaron os xéneros, dándolle unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas, facendo que chegue a outra audiencia.