Non é ningunha sorpresa que Julieta Venegas consiga esgotar entradas a máis dun mes da súa actuación en Vigo, pero é que conforme avanzamos coa cuarta edición do Festival TerraCeo, cada vez quedan menos citas por gozar e tras a intensidade vivida esta fin de semana pasada con Pancho Varona e Arde Bogotá, a expectación segue en aumento.
A polifacética artista mexicana leva percorrido xa un camiño que mediante o esforzo foi denominada como lenda viva da música española. Dende o debut do seu primeiro disco ‘Aquí’ no ano 1997, Julieta foi construíndo unha sólida carreira musical avalada por 46 premios entre Grammys e Grammys Latinos, MTV Music Awards ou Premios da Academia Española da Música por citar uns poucos.
Unha traxectoria que a coloca con mais de 16 millóns de escoitas mensuais en Spotify. Unha carreira que compaxina, ademais, coa labor altruísta que a levou a ser nomeada embaixadora de boa vontade por Unicef ou a intervir nos Premios Nobel da Paz.
Con ‘Tu Historia’, o seu octavo álbum de estudo, a artista mira ao pasado, pero como unha parte importante para construír o futuro. O disco fala de rupturas e separacións, pero en vez de afondar na miseria, anima a quedarse co bo do pasado para seguir cara adiante. Producido polo chileno Álex Anwandter, temas como ‘Mismo amor’ lévannos a bailar ao ritmo de música disco, mentres que outros como ‘Te Encontré’ regresan ao pop íntimo no que a artista manexase perfectamente. Agora, nunha xira mundial para presentalo, o festival TerraCeo, na súa aposta por achegar artistas de primeira categoría, non podía deixar pasar a oportunidade de traela a Vigo, nun directo coas entradas xa esgotadas.
Queda patente que o formato deste festival forma uns cimentos sólidos que axudan a que se creen momentos incribles entre os artistas e público no marco dun espectacular atardecer sobre a ría de Vigo. Esta cuarta edición de TerraCeo tamén contará coa estrela do soul Curtis Harding, un directo para o que restan poucas localidades. Xullo comezará co indie-pop bailable de La La Love You; a mestura de R&B e blues dos irmáns Kitty, Daisy & Lewis, o novo flamenco de María José Llergo ou desert blues dos Tinariwen. E xa en setembro, TerraCeo se despedirá co rap de Hard GZ, a piques e esgotar entradas, e o inclasificable trap de Boyanka Kostova.