Neste sentido, sinalou que “nos concertos de Castrelos atopámonos mulleres só en dúas actuacións: a teclista de Dorian e as cantantes de Operación Triunfo, onde, en ambas actuacións, participan homes.
A edil apuntou tamén “a importancia da prevención e da información sobre agresións sexuais nas grandes conglomeracións que se dan na nosa cidade”. Barreiro lembrou que nas festas de Bouzas “unha menor de 16 anos foi presuntamente forzada sexualmente por un rapaz de 18 anos”.
Política cultural
Ademais, o partido considera que “existen uns feitos, cada vez máis evidentes, dunha adecuación de parte da vida cultural da cidade, a que é programada pola institución, ao arbítreo publicitario do goberno local”.
Así, lembran que no último ano produciuse o “desmantelamento do Museo Marco como o espazo para o que foi concibido, a desaparición do festival ImaxinaSons tras 13 anos de consolidación como referente europeo e o acontecido con festivais como o Vigo Vocals, en risco de desaparecer pola falta de apoio desde a institución”.