Haberá dous pases, ás 12.00h. e as 13.00h., e o público que forme parte desta experiencia terá a oportunidade de escoitar, primeiro, aos grupos nesta sala especial e, de seguido, nunha nave contigua para comprobar a diferenza entre o son direccional e o son cheo de reverberacións. Sinsal Anecoica é un proxecto que nace coa colaboración entre o Festival Sinsal, o Museo MARCO de Vigo, o laboratorio de acústica organizado por AtlanTIC na E.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo, Extensión Universitaria da UVigo e o Concello de Vigo.
Nicolás Pastoriza
Músico e compositor vigués recoñecido pola súa traxectoria como integrante de formacións como Bromea o qué?, La Marabunta ou Ectoplasma. Ten composto temas para artistas como Josele Santiago ou Luz Casal. A súa carreira en solitario arranca en 2011 e conta xa con dous discos no mercado: El niño con la raqueta en el espejo (2011) e Poetas & Motocicletas (2013). Influenciado polos Beatles, a música inglesa e a literatura de ciencia ficción, tal e coma el se define. Pastoriza está moi vinculado ao músico Iván Ferreiro, formando parte da súa xira en 2013 e colaborando reciprocamente nos seus proxectos musicais. Baixo o seu actual nome artístico, Nicolás, proxecto que comparte con Marta Toro e que sacará en próximas datas o seu último traballo Luna de Kubrick apra o cal recurreu a unha campaña de crowdfunding.