As 3.000 cadeiras dispostas polo Concello se encheron nunha noite máxica que contou coa presencia sorpresa para o propio Milanés do cantante asturiano Víctor Manuel e Luis Emilio Batallán. O evento foi organizado entre o Concello de Nigrán e a coral Stella Maris e contou co patrocinio de Generali España.
O cubano subiu ao mega-escenario pasadas pouco antes da medianoite tras interpretar a coral de Priegue Stella Maris unha ducia de temas, un deles con Diana Tarín. O máximo exponente da nova trova cubana deleitou aos asistentes con algúns dos seus temas máis señeiros: ‘Para vivir’, ‘’El breve espacio que no estás’ (tema no que cantou acompañado da Coral Stella Maris) e ‘Yolanda’, cancións no que un público entregado tamén o acompañou a coro.
Ademáis, houbo a oportunidad de escoitar a Milanés en galego interpretando ‘Aí ven o maio’ co seu gran amigo Luis Emilio Batallán. Pero sen dúbida, o momento cumbre da noite chegou cando, novamente para sorpresa do propio homenaxeado e dos asistentes, apareceu no escenario o seu gran amigo Víctor Manuel, co que se animou a entonar a dúo ‘Solo Pienso en ti’, tema do asturiano que xa interpretaran xuntos no disco ‘En blanco y negro’.
Os dous artistas firmaron posteriormente no camerino o Libro de Honra do Concello de Nigrán que lle achegou o propio alcalde de Nigrán, Juan González, quen incluso subiu ao escenario para dar a benvida ao cubano. Milanés foi acompañado nas súas intervencións polo seu pianista Miguel Núñez e algúns máis dos seus músicos máis habituais.
Durante o espectáculo houbo tirada de fogos de artificio e solta de globos. «Foi unha noite única e irrepetible para Nigrán que sempre será recordada e un honor contar con Pablo Milanés e Víctor Manuel, que quixeron vir a Nigrán para esta homenaxe de xeito totalmente altruista», resumiu o rexedor.