Mr Sipp procede de McComb (Mississippi) e grazas á súa constante dedicación a música, converteuse nun gran guitarrista, compositor e produtor musical. En Vigo estará arroupado pola súa propia banda, na que promete ser unha das grandes noites do ciclo de concertos Máis Que Blues.
A apertura portas terá lugar media hora antes do inicio da actuación, ás 20:30. As entradas poden adquirirse a través da web de A Taquilla e nas tendas Elepé e Honky Tonk. O prezo é de 10 euros se a localidade se compra de xeito anticipado. En billeteira, o custe é de 15 euros.