Estas cinco bandas encherán en Nigrán o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas de música ao sumarse ás xa revolucionarias Las Chillers, ao caos creativo e punk de Los Nastys, á música latina e o rock de raíces de Los Vinagres, aos galegos Novedades Carminha, ao pop electrónico do dúo barcelonés Hidrogenesse e ao Concerto Mahou Cinco Estrellas no que Delafé amosará o seu novo son máis electrónico, xa anunciados previamente pola organización. As persoas interesadas en adquirir os seus abonos para os dous días de Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, a un prezo de 25 euros.
O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo: terán á súa disposición dende xogos ao aire libre ata unha gran oferta culinaria a cargo de camións de comida, sesións DJ, obradoiros, charlas… Unha longa lista de actividades para que todos os públicos poidan gozar intensamente Nigrán dende a mañá ata a noite.