O World Tour 2017 de Sebastián Yatra chegará a Baiona o 6 de agosto como colofón ás Festas da Anunciada e sen custe algún para os veciños da Vila e os visitantes. O Concello ofrecerá unha gran noite de música que comezará coas actuacións de Tina Cousins e seguirá con Melody, Karina e Bordon 4. O prato forte queda para o final co cantante colombiano e os seus éxitos musicais, como “Traicionera”, “Como mirarte”, “Para olvidar”, “Por fin te encontré”, “No me llames” y «Robarte un beso”, entre outros.
Sebastián Yatra chega despois de ofrecer un concerto multitudinario en Londres xunto a Juanes, Juan Luis Guerra e David Bisbal. No seu percorrido por España, dende Barcelona e Madrid ata Marbella, Tarragona, Avilés, Furteventura, Lleida ou Melilla, as concertos do colombiano teñen prezos ao público que chegan ata os 75 euros. En Galicia, ademais de Baiona, unicamente actuará en A Coruña, onde a entradas van dos 10 aos 40 euros.
Sebastián Yatra (Medellín-Colombia, 15 de outubro de 1994) iniciou a súa carreira profesional en 2013 e a súa música xira entre o xénero pop latino, reguetón, pop urbano e baladas. Na súa curta carreira foi galardoado cun HEAT Latin Music Awards e un Premio Shock, e nomeado polos Premios Juventud, Latin Italian Music Awards e MTV Europe Awards.
O seu éxito levouno a obter 23 sinxelos de platino e 2 de ouro por vendas dixitais en Centroamérica, Colombia, Chile, Ecuador, España, Estados Unidos, México, Arxentina e Perú, manterse varias semanas consecutivas nos primeiros lugares das principais listaxes das radios, ser considerado como o artista latino emerxente número uno de 2016 por Spotify e ocupar o número uno de iTunes en países de Latinoamérica, Norteamérica e Europa.
A Festa da Anunciada abrirán o venres co concerto de Seguridad Social, que terá como teloneiros ao grupo La Patrulla, de Baiona. Ao día seguinte e despois da tirada de fogos e luces, será a quenda da idade de Ouro do Pop Español, cun repaso aos éxitos da música dos anos 80: con Alberto Comesaña, de Amizades Perigosas; Pablo Perea, da Trampa; Joaquím Padilla, de Iguana Tango, e Chus Herranz, de Musicais. Para o domingo, día da Gran Gala, actuará o músico colombiano Sebastián Yatra, que estará precedido por Tina Cousins, Melody, Karina e Bordon 4.