Será a primeira vez que se empreguen en Vigo este dispositivos. Nigrán é o único municipios de Galicia que conta con eles. No resto de España só os ten Madrid. A vila do Val Miñor estreou as mochilas en agosto con gran éxito ao realizar só no seus festivais 37 préstamos (17 en ChandeFolk e 20 no Rock in Patos). A súa adquisición, mediante un investimento de 6.000 euros, forma parte do programa de goberno municipal ‘Un Nigrán para todos’ co que se traballa para eliminar as barreiras físicas e sensoriais na localidade.
As diferentes vibracións que transmite esta tecnoloxía de orixe francés e de creación recente son transformadas grazas aos audios que reciben dende un equipo de son que conta cun transmisor UHF. Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivas (implante coclear e/o audífono) non só sentirán as vibracións, se non que tamén poderán escoitar con maior nitidez os sons ou a música a través dun lazo indutivo. As mochilas poden ir cargadas ás costas ou no peito e permiten que o usuario se poida desprazar libremente polo recinto ao ser completamente inalámbricas.
Non é a primeira vez que Nigrán cede estes aparatos a outro municipio. Antes se prestaran para o Festival da Ameixa de Campelo, con Coti, e para as Festas da Peregrina en Pontevedra, con Rozalén. Ademais, o domingo día 6 estarán no festival ‘Unha banda con raís’ de Gondomar.