O musical Disney Live! Mickey´s Music Festival espera recibir desde a tarde deste xoves ata o domingo cerca de 10.000 persoas nas sete funcións que se celebrarán, tamén en horario matinal. Este musical infantil que entusiasma ás familias de todo o mundo está basado nos hits musicais dos grandes éxitos de Disney que se mesturan para a ocasión cos estilos máis actuais como o hip-hop, o pop, o countrie ou o rock. Polo escenario desfilarán ata un total de vintecinco das grandes estrelas de Disney que fixeron desfrutar a varias xeneracións. Desde Mickey Mouse a Minnie Mouse, pasando por Donald, Goofy ou Ariel, Sebastian e Ursula ou Jasmine, Aladdin e e o xenio.
Desde a noite do pasado luns comezaron a chegar xa ó Auditorio Mar de Vigo os camións de produción deste espectáculo que move a cerca dun cento de persoas, das cales unha metade forman parte do elenco artístico e outra metade do equipo técnico e produción. A maioría estarán na cidade unha media de seis días.
O Auditorio Mar de Vigo, na ruta dos grandes musicais
Con este espectacular musical, o Auditorio Mar de Vigo trata de consolidarse na ruta dos grandes musicais nun contexto onde non é fácil que as produtoras prolonguen as súas xiras máis alá de cidades importantes como Madrid ou Barcelona. Esta consolidación continuará nos vindeiros meses co musical Sister Act, que viron xa catro millóns de persoas en doce países diferentes, e co privilexio de acoller Chist! a xira mundial de Les Luthiers. Sister Act chegará a Vigo do 22 ó 27 de setembro e Les Luthiers do 20 ó 24 de Outubro.
Ademáis desta aposta polos grandes musicais, o Auditorio Mar de Vigo continúa acollendo espectáculos de artistas de talla internacional como o lexendario Franco Battiato que actuará en Vigo o venres 22 de maio, ou novos artistas emerxentes que son auténticos ídolos entre os máis xóvenes como Abraham Mateo que actuará o día sábado, 23 de maio.
Tanto para os musicais como para estas actuacións que terán lugar no Auditorio Mar de Vigo xa están a venda as entradas en venda anticipada a través de ataquilla.com, na maioría dos casos cun amplo porcentaxe do aforo xa reservado.