O prazo de presentación de propostas comeza este luns 15 de abril e remata o venres o 20 de maio. As bases para participar poden consultarse dende o mesmo luns na web do Concello ou na propia Casa Consistorial.
O concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz.
Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato de acordo co previsto nas bases e poderán enviarse por correo electrónico ou por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.
Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.