O 2 de xullo comeza o ciclo de actividades musicais e divulgativas “Curiosidades Solita” coa idea de combinar a música e o patrimonio. A primeira actuación corre a cargo de YEP!, un trío formado por Pedro Villanueva, Sergio de Miguel e Raúl Cameselle que ofrecerán un repertorio de jazz e temas actuais.
O alcalde puxo en valor o espazo restaurado e sinalou que a actividade cultural que se desenvolve alí é de 38.115 euros. En todos os concertos haberá 50 prazas ata completar o aforo por orden de chegada. O cartel completo é o seguinte:
- 2 de xullo ás 21h. – YEP!
- 9 de xullo ás 21h. – Sergio de Miguel Trío
- 16 de xullo ás 21h. – Espectáculo de Danza Aínda en Pé
- 23 de xullo ás 21h. – Noar
- 30 de xullo ás 21h. – Cuchus Pimentel
- 6 agosto ás 21h. – Dous
- 13 agosto ás 22h. – Xornada de divulgación “Coñece Villa Solita e o Vigo do século XIX”; ás 22:30h. “O Ceo de verán e as Bágoas de San Lorenzo” co aforo limitado por orde de inscrición no 010.
- 20 de agosto ás 22h. – Concerto guiado con Juan Manuel Vázquez; ás 22:45h. “O Ceo de Verán e percorrido telescópico pola lúa” co aforo limitado por orde de inscrición no 010.
Festas da Consolación de Coia
Abel Caballero tamén anunciou cinco actuacións para o fin de semana no barrio de Coia con motivo das Festas da Consolación:
- Sábado, 3 de xullo: Rubén de Lis (20:00 horas) / MITIC no Torreiro (21:00 horas)
- Domingo, 4 de xullo: Banda de Valadares (mediodía) / Magín Blanco (19:00 horas) / Vigo Bailando (20:30).