Logo do éxito de público vivido estes días no Season Fest de Gondomar, este domingo clausúrase a 5ª edición do festival coa banda Querido, liderada por Andrés Ferreiro e a rapeira portuguesa Capicua, entre outros grupos. Na programación tamén destaca a sesión DJ con Abraham Boba, líder de León Benavente.
O domingo o festival arranca ao mediodía e se celebrará integramente no escenario Fest Galicia, emprazado na Casa Peralba da localidade. A organización quere recordar tamén que no Parque de A Coelleira, a escasos metros, está a zona gastro do festival na que están aparcados os foodtrucks do Rilla na Rúa con distintas propostas gastro.
Horarios do domingo
O domingo do Season Fest arranca ás 14:00h. con Capicúa. Xa pola tarde, a programación ponse en marcha ás 15:00h. con Abraham Boba Dj Set e continuará cos concertos de Firmado, Carlota (16:30h.), Lusillón (17:45h), Tarde a todo (19:00h.) e un dos grupos revelación deste ano, a banda Querido liderada por Andrés Ferreiro que se presentou este ano no Náutico de San Vicente apadrinada por Leiva.
Venda de entradas e menores de 14 de balde
Dende a organización informan que se poden mercar a entrada para gozar da derradeira xornada do Season Fest tanto na súa web como na propia billeteira.
Todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Season Fest cun 15% de desconto. As e os menores de 14 anos poderán acceder aos dous recintos de balde.
O festival contará unha vez mais co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Fest Galicia, AIE, Concello de Gondomar, e Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que crea encontros en torno ao directo. Tamén colaboración de empresas como el Grupo HGA.