O de Mississippi é un verdadeiro ‘showman’ capaz de enganchar ao público dende o primeiro minuto grazas á súa gran técnica coa harmónica, aos seus frenéticos bailes e á súa cativadora voz. Estará acompañado pola banda de Denver e será en Vigo onde poña punto final ao seu tour por España.
As entradas a prezo anticipado de 10 euros xa están á venda en Ataquilla.com e nas tendas Elepé e Honky Tonk Discos. O prezo en taquilla é de 15 euros e a apertura de portas terá lugar ás 20:30 horas.