Comezarán interpretando a Suite de danzas, Sz. 77 de B. Bartók; estrearán en España a obra Concerto para violín de K. Saariaho; e pecharán o concerto coa Sinfonía n.º 86 en re maior de F. J. Haydn.
Creada en 1992 polo Concello da Coruña, e con sede no seu Palacio de la Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A formación foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación, no 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas de concertos españolas.