No marco do ciclo ‘O Son da Praza’, a Agrupación Musical de Goián, dirixida polo Mestre Pedro Villarroel González, unirase á voz de Serafín Zubiri nun concerto chamado ‘Lembrando a Nino Bravo’. Trátase da actuación estrela do verán na vila e terá lugar este venres, 19 de agosto, a partir das 22.30 horas, na Praza Pintor Antonio Fernández.
Durante o evento recrearanse os temas máis emblemáticos de Nino Bravo e crearase un clima especial no que as persoas asistentes poderán escoitar de novo directo cancións tan relevantes como ‘Noelia’, ‘Un beso y una flor’ ou os himnos ‘América, América’ ou ‘Libre’, entre outras moitas composicións que forman parte do legado do cantante valenciano.
A vida de Serafín Zubiri é unha aventura cun rumbo constante e definido: a superación a través da música e o deporte. A súa cegueira de nacemento non lle impediu sacar adiante a súa carreira como artista na que editou oito discos e fraguou un extraordinario currículo deportivo, nos que destaca a súa participación nos festivais de Eurovisión dos anos 1992 e 2000.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, convida “á veciñanza a gozar desta xornada inesquecible na que escoitaremos de novo os temas máis emblemáticos dun artista admiradísimo como é Nino Bravo, coa magnífica interpretación de Serafín Zubiri e neste caso, ademais, acompañado pola nosa Agrupación Musical de Goián”.