Con este disco, que verá a luz en febreiro de 2020, iniciará unha xira de concertos que a por diferentes escenarios de América del Sur, diversas cidades da península (Barcelona, Ponferrada, Bilbao, Donosti, Málaga, Madrid, Asturias, Valencia) e aos principais teatros galegos.
En ‘Liberar as arterias’, Sés segue evolucionando co seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante.
Sés ven de converterse nunha das artistas de maior éxito en Galicia, polo seu carisma e discurso, así como pola forza e calidade das súas cancións, que sen dubida levarana a conquistar outros territorios.