Andrea Pousa estudou durante máis de dez anos canto e interpretación e foi membro do grupo vocal feminino vigués de arte creativa Sueño de Calíope. No ano 2014 funda Queima e Pousa, empresa de espectáculos comprometida coa Cultura Atlántica. Actualmente é a voz principal de Keltia, el musical, un espectáculo de temática celta e romana que trata o contacto coa natureza, a tradición e a esencia destas culturas.
Respirar é o primeiro álbum en solitario de Andrea Pousa, formado por temas de diversos estilos que mesturan lirismo, tradición e vangarda en galego, castelán e portugués. Todas elas son cancións orixinais excepto unha innovadora versión de Negra sombra de Rosalía de Castro.
Producido polo compositor e músico Nani García, trátase dun traballo elaborado con moito gusto que sabe sacar a verdadeira esencia de Andrea Pousa, cunha calidade musical e artística moi sofisticada.