Desde este luns 2 de setembro xa está aberto o prazo de inscricións na nova web www.vigosonico.com e www.xuventudevigo.org para os programas e obradoiros que abranguen diversas áreas do mundo profesional da música. Haberá actividades presenciais enfocadas en diferentes aspectos da música e da xestión, incluíndo a inauguración da sala de podcast, centrada na creación de contido.
O programa de formación de Vigosónico, centro público dependente da área de Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, renova a súa oferta de obradoiros e cursos impartidos por profesionais de ampla traxectoria na industria. Estes cursos están deseñados para conectar persoas, capacitar e promover o acceso ao mercado laboral da música, así como para apoiar a profesionalización do ecosistema das Industrias Culturais e Creativas, bandas e solistas emerxentes.
Academia: un programa de clases gratuítas de iniciación ao canto, guitarra, baixo e batería
Durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2024, así como febreiro, marzo e abril de 2025, ofrecemos a oportunidade de mergullarse no mundo da música a través de clases especialmente deseñadas para distintos grupos de idade.
As sesións teñen lugar os martes e os mércores, con clases de unha hora entre as 16:30 e as 21:00.
Vigosónico Academia non só é un espazo para aprender, senón tamén para compartir e cultivar a paixón pola música nun ambiente acolledor e inspirador.
Campus: un programa de obradoiros para adquirir competencias creativas
O Campus Vigosónico actúa como unha ponte entre os profesionais locais e os diversos traballos no ámbito da música e a creatividade. Este programa ofrece unha plataforma onde artistas emerxentes e diversos profesionais do sector poden conectarse, aprender e colaborar.
A través de 19 obradoiros ao longo do ano, Vigosónico facitou a formación continua e desenvolvemento de habilidades, proporcionando oportunidades para que os participantes se involucren en proxectos creativos, intercambien coñecementos e exploren novas posibilidades na industria musical e creativa
Demosónico. Estudo Aberto
No mes de maio, Vigosónico transfórmase nun fervedeiro de creatividade musical co lanzamento de «Demosónico, Estudo Aberto».
Unha iniciativa única que abre as portas do estudo de gravación ás bandas locais de Vigo, poñendo un foco especial naquelas que ensaiaban nos locais de Vigosónico. Durante ese mes, ata 8 bandas ou artistas tiveron a oportunidade de gravar unha demo da súa música nun espazo de 8 horas repartidas en dúas tardes. Foi unha ocasión perfecta para obter unha gravación de calidade que servise de traballo e promoción. Para ser unha das 8 bandas afortunadas, establecéronse criterios específicos.
Nova sala de gravación de podcast
Vigosónico ofrece un estudio de podcast totalmente insonorizado e equipado, o lugar perfecto para comezar a desenvolver un formato de contidos para redes sociais. A sala dispón de 2 micrófonos e ata 8 posibles simultáneos, mesa de mesturas con software de gravación e edición de audio Zoom Podcast 8.
É totalmente de balde e o único que teñen que facer os interesados é chamar e reservala.
Horario de Reserva: De martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas. Reserva baixo petición con antelación..
Vigosónico Xoga
O programa «Vigosónico Xoga» está deseñado especialmente para que nenos, nenas e familias, poidan interactuar e disfrutar xuntos de xogos de mesa e outras actividades lúdicas. Este enfoque fomenta a participación comunitaria, creando un ambiente acolledor e inclusivo onde as familias poden explorar e compartir experiencias creativas, fortalecendo os vínculos e promovedo o desenvolvemento integral a través do xogo e a colaboración.