O alcalde, Abel Caballero, lembrou en rolda de prensa que ademais este sábado será a quenda da Coral Casablanca (23:30 horas) e que xa están esgotadas as entradas para Morat o vindeiro sábado.
Little Steven abriu os concertos o 12 de xullo, seguido por Maná o 23 (Joan Manuel Serrat suspendeu a súa actuación por motivos médicos). Este venres actuarán Dorian e Zoé o 27 de xullo e o sábado Coral Casablanca. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.