Acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, onde o artista ten a súa propia casa museo, o rexedor vigués mencionou que a mostra é un exemplo do camiño a seguir na Área Metropolitana onde conflúen os aspectos compartidos polos municipios que a conforman. Camilo Camaño traballa en diversos ámbitos creativos dende a pintura, ata a escultura ou a ilustración reflectindo a súa paixón e inquietudes nas súas obras