O Auditorio Mar de Vigo activa este luns, e ata o 14 de febreiro, unha campaña de descontos con motivo do día de San Valentín. Esta oferta consiste nunha rebaixa do 50% na segunda entrada, para así gozar en parella de ata dez espectáculos. Estes eventos forman parte dos programados ata principios de abril, entre os que se atopan concertos, musicais, ballet, música, humor ou ópera.
Este desconto está activado válido para o ballet de ‘La Bella Durmiente’ (5 de febreiro) e as actuacións de Nacho Vegas (12 de febreiro), Mikel Erentxun (25 de febreiro), Albert Pla (12 de marzo), Quique González (25 de marzo) e Miss Caffeina (2 de abril).
Ademais, a oferta tamén será válida para primeira sesión do musical de ‘Ghost’, protagonizada por David Bustamante (3 de marzo ás 20.30 horas). Do mesmo xeito, abrangue o tributo a ‘Remember Queen’ (11 de marzo), a primeira función do espectáculo humorístico de Carlos Latre (18 de marzo) e a ópera de Verdi ‘Aida’ (3 de abril).