Os museos de Vigo abrirán as súas portas ata a 1 da madrugada do vindeiro 13 de agosto con motivo da celebración da Noite Branca. O Concello ten programado distintas actividades para esta xornada singular na que as coleccións e exposicións revístense de extensións musicais e outras actividades para enriquecer o noso patrimonio.
O alcalde anunciou a programación que inclúe a toda a rede de museos municipais. No Pazo-Museo Quiñones de León haberá visitas guiadas ao Xardín Histórico ás 20 horas. Ás 21 horas haberá actuación de Dous y Grupo 1500 de música antiga.
Abel Cabellero desatacou os obradoiros no Verbum que requiren inscrición previa que abrirá o martes 10 ata o propio día 13 en reservas.aprmvigo@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 240 130 e 619 948 920. Destacan as actividades de Letteting “Vigo inspira”, danza e movemento, voz e coro e audio e música, todos eles con aforo limitado seguindo as normas sanitarias. Tamén no Verbum poderase desfrutar da música na azotea co concerto de Carla Lourdes ás 22 horas e a continuación ás 23:30 horas Red Duck Blues.
Casa das Artes
Para Casa das Artes hai programado tres pases para a performance “Xeografía dos corpos” da bailarina Anxela Blanco xunto co italiano Simone Romanò que propoñen unha viaxe sensorial en diálogo coas imaxes de Javier Teniente. As entradas serán ás 20:30, 22:00 e 23:30 horas, tamén con reserva previa.
O rexedor anunciou tamén un concerto de Susanna Blanco na Pinacoteca e visitas guiadas nas exposicións actuais do MARCO. Ademais, neste último emprazamento haberá un concerto na terraza da praza do Progreso de Costa Escura e Silvia Penas e na rúa Londres ás 00:00 horas Eladio y Uka. No museo Liste tamén haberá visitas guiadas.
Segundo anunciou Caballero haberá rutas con guía no xacemento arqueolóxico de O Castro ás 19 e 20 horas e música Fado no mirador enriba do Monumento á Batalla de Rande. Tamén haberá catro pases para as recreacións históricas do mundo romando na Vila romana de Toralla. Esta última actividade require inscrición previa no 010.