«É unha proba de atletismo de importancia excepcional», subliñou Abel Caballero, que estivo este martes acompañado na rolda de prensa de presentación do evento polo presidente do club organizador, José Rial, do Castrelos 20:30; pola atleta olímpica Estela Estévez, que participará na 24VGO; polo edil de Deportes, Manel Fernández; e outros directivos da organización.
Ao mediodía do sábado comezará a competición, cuns 530 participantes, e rematará ao mediodía do domingo.
«Quero felicitar á organización porque son a alma do running en Vigo, estou moi orgulloso deles e teñen un mérito excepcional», manifestou o xefe do goberno municipal, que explicou que os corredores e as corredoras «fan o que parece prácticamente imposible: estar vintecatro horas correndo en deportividade, con entrega e esforzo totais».
Caballero, que definiu a carreira como «o atletismo en estado puro», invitou á cidadanía a que vaia a ver a proba ao parque de Castrelos e valorou tamén que moitos atletas corran tentando recadar fondos para enfermidades como a ELA, o autismo, o cancro, a distrofia muscular de Duchenne ou o síndrome de Schaff Yang.