A inscrición será gratuíta na web de Magma Sports (www.magmasports.es) dende este mesmo mércores e en Decathlon (do 26 ao 30 de decembro) se poderán recoller os dorsais.
A carreira terá un percorrido de catro quilómetros, que se poderán completar correndo ou camiñando, xa que a proba combina o carácter competitivo co lúdico. De feito, é un dos eventos deportivos máis vistosos do ano, xa que cada vez acoden máis persoas disfrazadas. Este ano, novamente, haberá unha chea de premios para grupos e individuais.
A solidariedade tamén aparecerá este ano e os que acheguen alimentos non perecedoiros á carpa do Banco de Alimentos, ese día 31 na Alameda, recibirán un gorro de Papá Noel. Na suma dos tres últimos anos os participantes aportaron 10.000 quilos ao Banco de Alimentos.