Os organizadores presentaron a prenda este venres ó alcalde de Vigo, Abel Caballero. Pilar Ruíz e Mar Mariño entregáronlle a prenda da décimo sétima edición. O rexedor tivo a oportunidade de «constatar que a organización marcha perfectamente». A media maratón celébrase o próximo 10 abril percorrendo os municipios Vigo, o punto de saída, Nigrán e Baiona, o punto de meta.
Tras varios anos nos que aposta foi por un deseño chamativo, en 2016 regresa unha fórmula clásica e cun deseño que recorda á da primeira edición. No peito leva o nome da proba e nas costas os atletas terán o logo da competición. Queda pouco máis dunha semana para a celebración da proba.