Pola súa banda, a fichaxe deste ano Fernando Rial lidera a selección sub23 tras proclamarse campión galego en As Pontes o pasado 3 de febreiro.
Completan a potente selección galega -presente nas categorías sub20, sub23 e absoluta en ambos sexos- outros atletas da área de Vigo como a flamante internacional no Europeo de Glasgow e campioa de Europa de Relevos Solange Pereira, a triatleta internacional Iria Rodríguez ou a recente campioa de España co FC Barcelona Esther Navarrete.