Este luns presentouse un evento que cumpre 40 anos de idade. A rolda de prensa reuniu ao presidente do club, Belarmino Alonso, directivos, adestradores e colaboradores da entidade (Serafín Costas, Joaquín Pérez, Hipólito Sousa e Jesús Sánchez) ademais de atletas (Soledad Castro, Sandra Mosquera y Patricia Feijoo), acompañados tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández, e o alcalde de Vigo.
Abel Caballero felicitou ao Comesaña polo seu traballo organizativo e explicou que co Belarmino «abrimos a tempada de campo a través en Galicia», pedindo á ciudadanía que se achegue. «Que saiban que é unha gran proba de atletismo, un evento excepcional nun lugar sui géneris onde parece que o atletismo ten vida propia», manifestou o rexedor.
Joaquín Pérez, coordinador da proba, indicou que «é un evento moi significativo para o atletismo galego. Co Belarmino queremos honrar ao atletismo federado e facer fincapé en que o cross é unha modalidade do atletismo, a primeira que se practicou, onde a humildade e o esforzo, a valentía e a perseveranza son esenciais».
O memorial comezou a disputarse en 1978 (en 1983 non se celebrou) e Pérez puxo de manifesto que a intención é «honrar a memoria de quen foi gran directivo do club, malia que a Federación nos puxo as súas pegas». Pero para o Comesaña, a filosofía da carreira é intocable: «Queremos mantela exclusivamente para atletas federados».
O alcalde e o concelleiro de Deportes amosaron as camisetas coas que foron obsequiados e no peche do acto se deu por feito que o Belarmino 2018 será «un gran espectáculo».