A falta do peche definitivo das inscricións, que será na medianoite do mércores, o listado de favoritos está encabezado por Akka Essaadaoui na categoría masculina e Ester Navarrete na feminina. Ambos atletas veñen de gañar a Subida ao Castro con notable autoridade e poden manter o seu punto de forma para rematar a tempada no máis alto do podio.
En canto ás características da proba, a coñecida como ‘Carreira do Pavo’ presenta novidades no seu percorrido. O centro de operacións é o habitual da Alameda pero o trazado é novidoso e moi costeiro. Os atletas, tras facer os dous primeiros quilómetros pola rúa Areal e o entorno da Alameda irán cara o mar para facer outros dous á beira do auga. Primeiro ó carón da dársena do Náutico de Vigo e, a continuación, polo peirao de transatlánticos.
Deste xeito, varios centos de atletas invadirán algúns terreos que, habitualmente, están pechados ó público e tentarán sacar un bo ritmo por unha zona chá e rodeados de auga. Iso si, os cambios de velocidade chegarán polos moitos xiros que ten o circuíto. Será o único sobresalto. Polo tanto, os afeccionados ó ‘running’ terán a oportunidade de facer unha gran marca sempre e cando os prognósticos meteorolóxicos mantéñanse sen variación. Unha borrasca atlántica ten prevista a súa entrada para o luns á primeira hora. Se decide chegar un día antes, os ‘paviños’ corredores quedarán mollados como polos.
Categorías inferiores
Ademais da proba absoluta sobre 10 quilómetros, a organización dá a posibilidade de facer soamente 5 e tamén está prevista a disputa carreiras para as categorías inferiores. Os benxamíns e alevíns terán que facer un quilómetro ás 10:30 horas e os infantís e cadetes teñen o doble de percorrido ás 10:45 horas. A proba absoluta comeza ás 11:00 e dispón de premios de 300, 150 e 100 euros para os tres primeiros.