Vázquez Bueno chegaba coa mellor marca dos inscritos no 3.000 metros, pero nunha apertada chegada tivo que conformarse coa prata (09:10.41) a tan só un segundo do primeiro clasificado. O pupilo de Manuel Ageitos suma esta medalla á conseguida hai dúas semanas no Campionato de España de Cross, onde rematou en segunda posición representando á selección galega.
Tamén participaron na pista de Sabadell os velocistas Martín Barcia e Lucas Rodríguez. Barcia logrou progresar comodamente nas eliminatorias e logrou mellorar a súa marca persoal ata os 7’46 nas semifinais, finalizando 10º sen poder pasar á final. Rodríguez pola súa parte debutou nun Campionato de España caendo nas eliminatorias manténdose na súa marca persoal con 7’62.
Ademais, a marchadora Mar Chillón volvía a un Campionato de España, desta vez coa camiseta do Femenino Celta. No Nacional de 20 quilómetros en Ruta celebrado en Oropesa del Mar (Castellón). A canguesa finalizaba 17ª na proba absoluta, logrando ademais mellorar a súa marca persoal na distancia ata os 1:46:59. A vitoria sería para a vixente campioa de Europa na distancia María Pérez.