900 persoas desafiaron este fin de semana a previsión de choiva coa ilusión de axudar ás máis de 8.000 persoas usuarias que atende cada ano a Asociación Érguete. Foi todo un récord: o ano con máis persoas participantes da Érguete e Corre, que forma parte do Circuíto Run Run do Concello de Vigo dende o 2021.
“Que ilusión ver a tanta xente apoiando a loita que iniciaron unha nais hai case 40 anos”, destaca a coordinadora da entidade, Elvira Rivas, que lembrou que este ano os cartos acadados serán adicados a dous programas de intervención.
Un centrado nas vivendas de acollida que ten a Asociación Érguete en Vigo para que persoas que tiveron problemas de adiccións recuperen as súas vidas normalizadas a nivel laboral e persoal e outro adicado a traballar a creacións artística coas persoas usuarias na cidade e nas prisión galegas.
“Queremos preparar unha serie de traballos artísticos con eles e elas acompañados de profesionais de cara ao 40 aniversario da asocaición o ano que vén”, explica a coordinadora da Asociación, Elvira Rivas.
A Érguete e Corre comezou coa Érguete peques, unha carreira na que máis de 100 nenos e nenas alcanzaron a meta coa ilusión de correr algún día como os seus pais e nais. Logo dos peques efectuaron a saída as bicis e o equipo de Discamino.
Ás 11:00 horas foi a quenda dos corredores e corredoras das probas cronometradas, momento no que o concelleiro de Deportes, Manel Fernández deu o último pistoletazo de saída ao Circuíto Run Run 2024 do Concello.
Os gañadores da Érguete Corre foron en categoría feminina 5k: Estela Diaz Diaz (1º), Carla Diaz Pardo (2º) e Ana Ledo Barrios (3º), e na masculina foron Asheber Diaz, Hassan Daniel Izzedine e Mario Rodríguez . Na categoría 10 km os gañadores son por orde de chegada Hugo Suárez, Emilio Tizón e Jesús Fernández, e as gañadoras Noemí Alvarez, Ane Pérez e Jessica Míguez
Todas as persoas participantes correron cun laziño vermello polo Día Internacional do VIH, unha enfermidade coa que a Asociación Érguete tivo que loitar moito dende a chegada do epidemia a Galicia en 1984.