A primeira carreira popular do ano terá un percorrido de 10 quilómetros e discorrerá polo Calvario, con saída o domingo 25 de xaneiro (11:00 horas) dende a rúa Jenaro de la Fuente. Á altura del centro de Máis que Auga en Barreiro instalarase unha zona de avituallamento, que será atendida por voluntarios (usuarios da propia instalación que se suman a esta iniciativa). Máis que Auga patrocina esta proba dende hai dous anos e todos os seus socios terán un prezo especial na inscrición, que será de 6 euros.
Máis que Auga participará cun grupo na carreira, que contará ata con cen participantes. Para formar parte de este grupo é necesario ser socio de Máis que Auga. O obxectivo é chegar aos cen participantes no grupo e tentar lograr gañar nesta categoría, como nos dous anos precedentes. Tamén haberá un premio para o primeiro e a primeira clasificada do grupo Máis que Auga.