Na presentación oficial estarán tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.
.A celebración da presentación oficial 2018/2019 terá lugar este domingo a partir das 12:30 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto no que se poderá colaborar co Banco de Alimentos de Vigo cunha gran recollida de alimentos e no que se poderá amosar o apoio á Candidatura das Illas Cíes para que sexan Patrimonio da Humanidade.
A Gala de Conmemoración do 35º Aniversario se celebrará o próximo luns día 17 de decembro do 2018 a partir das 20:00 horas no Hotel Coia; xuntándose o presente e o pasado da entidade nun acto que pretende lembrar a historia do club e agradecer e recoñecer o traballo e esforzo de moitas persoas e moitas entidades ao longo dos anos.