Inicialmente estaba prevista a participación de Alxeria, que ía ser o rival de Galicia na semifinal, pero hai só uns días, anunciou que non disputaría o torneo, polo que a organización veuse obrigada a buscar unha alternativa case sen tempo, polo que finalmente participará un segundo equipo de Cataluña.
O seleccionador Abel Estévez deu a coñecer a convocatoria para este torneo. O BM Porriño é o club que maior número de xogadoras aporta para a selección galega (nove en total) e xunto a elas estarán deportistas do Guardés, Bera-Bera, Carballal e SAR de Redondela. Galicia xogará a semifinal este mércores día 21 ás 20:00 horas contra Cataluña B, mentres que Cataluña e Euskadi xogarán o primeiro partido (18:15 horas). A final está prevista para o xoves ás 18:00 horas.
O combinado galego partirá este martes en dirección a Cataluña e o regreso está previsto para o venres. Este luns todas as xogadoras participaron nun adestramento no Pavillón do Porriño.
Esta é a convocatoria:
BALONMÁN PORRIÑO
Iris Sanjuan Soto
Cecilia Cacheda González
Andrea Dapena Iglesias
Alba Dapena Iglesias
Carla Rivas Garrido
Lorena Pérez Alonso
Sarai Samartín Lago
Sandra López Iglesias
Gemma Martínez Fortuny
ATLÉTICO GUARDÉS
Xeila Fervenza Rodríguez
BERA BERA
Alicia Fernández Fraga
SD CARBALLAL
Laura Rúa Pereira
SAR
Lucía Vázquez Novoa
Lara Patiño Otero
Adestrador: Abel Estévez Carrera
Axudante: Gerardo A. Carrera González
Delegada: Covadonga López Pérez