Infantil feminino: Galicia, 27-Cataluña, 17. Un día más, as pequenas de Alejandro Ocampo foron moi grandes. Tiñan enfronte a un rival que se supoñía moi duro: Cataluña. Pero o noso equipo non deu opción algunha. Dende o primeiro minuto estivo por diante no marcador. No minuto 10, mandaban por un rotundo 7-2, e non se relaxaron en momento algún. Cunha actitude espectacular disputaban cada xogada coma se foxe a última e decisiva e así, Cataluña nin tivo opción algunha de achegarse no marcador. Ao descanso, Galicia gañaba por tres goles, e na segunda parte estiveron durante os primeiros minutos con esas vantaxes, ata que Galicia rompeu o choque (20-15, min. 10) e xa foi imparable ata o remate do partido. Este mércores terán que enfrontarse a Valencia na loita polo ouro no Campionato de España (10:45 horas). Ambos conxuntos enfrontáronse na liguilla de grupos e remataron o partido con empate.
Goleadoras: Sarai Espiñeira (6), Andrea Fernández (10), Celia Pedreira (1), Sandra Sánchez (4), Ángela Rodríguez (6).
Infantil masculino: Euskadi, 21-Galicia, 22. Partido moi igualado dende o principio, con moitas alternativas no marcador. Ao descanso chégase cunha vantaxe para Euskadi de 2 goles. Na segunda parte Galicia mellora en ataque e remonta e ponse nos primeiros minutos con varios goles de vantaxe que van administrando ata o final do choque. Este mércores a selección galega buscará o quinto posto fronte a Madrid (12:30 horas).
Goleadores: Roi Sierra (3), Rubén Fernández (2) , Eduardo Cousillas (1), Bruno Cela (8), Mario Chan (3), Xurxo Rivas (3) , Brais González (1), Samuel Barciela (1).
Cadete feminino: Asturias, 29-Galicia, 24. Primeira parte moi igualada ata os últimos cinco minutos, nos que as galegas cometeron moitos erros que as levaron a quedarse descolgadas no marcador. Marcharon ao vestiario cinco goles abaixo. Na segunda parte, as galegas intentaron remontar a vantaxe no marcador pero as intervencións da porteira asturiana foron decisivas e o partido chegou ao final cun resultado favorable a Asturias (29-24). Agora hai que recuperarse e pensar xa na loita polo terceiro posto. O partido disputarase este mércores contra Castela a Mancha (10:45 horas). Ambos conxuntos coincidiron na fase de grupos, con triunfo das castelás. Agora, as galegas tentarán darlle a volta.
Goleadoras: Zara Barrios (2), Marta Pombal (2), Ana Piñeiro (1), Carmen Prelchi (8), Alicia Campos (5), Uxía López (1), Anabel Gil (3) María Pedreira (2).
Cadete masculino: Galicia, 31-Asturias, 22. Partido igualado durante toda a primeira parte, onde as alternativas de goles e diferenzas de dous se sucedían. Así, chegamos ao descanso con empate (12-12). Na segunda parte o equipo galego centrouse nas tarefas defensivas, o que lle permitiu crecer no seu xogo. E isto veuse reflectido na diferenza de goles no marcador. Ao final, 31-22. Agora o obxectivo é acadar o quinto posto. Este mércores enfrontarase a Castela a Mancha (12:30 horas).
Goleadores: Martín Davila (2), Yeray (1), Juan C. Rodríguez (3), Aresio Rosende (8), Alejandro Gómez (2), Daniel Ramos (5), Miguel Pousa (3), Carlos Vilanova (7).
Xuvenil feminino: Galicia, 32-Canarias, 26. As galegas saíron moi concentradas dende o principio deixando as canarias sen capacidade de reacción durante toda a primeira parte. Tras o descanso, as canarias colleron velocidade e empregáronse en defensa deixando ao equipo galego case 10 minutos sen meter gol. Así, lograron achegarse a só catro goles de vantaxe. Finalmente, un bo traballo en defensa permitiu que as galegas volvesen coller vantaxe e se fosen cun marcador de 32-26 favorable que lles permite loitar polo quinto posto fronte a Navarra (10:45 horas).
Goleadoras: Nuria (5), Gemma (8), Inés (4), Sara Carril (4), Bea (6), Laura Rúa (3), Sheyla (1), Sandra (1).
Xuvenil masculino: Cataluña, 40-Galicia, 31. O combinado galego non tivo opcións de triunfo nesta semifinal. Cataluña dominou no marcador dende o primeiro minuto e enseguida abriu brecha grazas aos contraataques directos (10-3, min. 7). Na primeira metade, Galicia tentou no quedar descolgado (22- 17, ao descanso), pero a selección catalá, moi consistente no xogo, acababa coas opcións dos galegos de recortar distancias. Agora, os homes de Luís Montes deben pensar na loita polo bronce do Campionato de España. Xogarán contra Madrid (09:00 horas)
Goleadores: Rubén (3), Anxo (5), Iván (9), Rodríguez (1), Román (2), Barco (3), Sergio (2), Aser (2), Felipe (1), David (3).