XUVENIL MASCULINO: Navarra, 23 – Galicia, 27
O equipo dirixido por Adrián Dubra acadou este venres o pase ás semifinais tras vencer a Navarra nun partido que dominou de principio a fin. Foi un encontro moi intenso por parte dos xogadores galegos, que se puxeron por diante no marcador dende o inicio e lograron ter amplas distancias, sobre todo na primeira metade. Así, chegouse ao descanso cun marcador de 8-14. Na segunda parte, Navarra reaccionou e apertou o marcador e incluso chegou a poñerse a dous tantos dos galegos (21-23, min. 51). Pero os galaicos volveron medrar en intensidade defensiva e así a vitoria non estivo en perigo en momento algún. Este sábado, Galicia xogará a semifinal contra Andalucía (12:30 horas, As Travesas).
Navarra, 23: Sergio Serrano, Iñaki Martínez, Gorka Metaxas (1), Mikel Redondo (1), Sergio Miguel Pascual (6), Jona Malo (1), Javier Baigorri, Martín Ganuza (6), Mikel Galán, Íñigo Nagora (1), Endika Andueza, Ander Izquierdo (5), Javier Ioar Beamont, Juan Vicente de Miguel, Aitor García (2).
Galicia, 27: Víctor Doval, Javier Figueroa (4), Cristian Remeseiro, Brais González (3), Rubén Fernández (3), Roi Sierra (4), Andrés Vila (1), José Leiras (5), Álvaro Preciado (3), Rokkvi Pacheco, Bruno Vázquez, Martín Gayo (3), Yago Santomé (1), Daniel Fernández, Samuel Barciela, Gonzalo Domínguez.
Parciais: 1-3, 3-7, 4-9, 4-11, 6-13, 8-14 (descanso), 12-16, 13-19, 16-21, 19-23, 22-25, 23-27 (final).
INFANTIL FEMININO: Galicia, 15 – Euskadi, 16
As minigalaicas loitaron ata o último segundo por facerse un oco nas semifinais do Campionato de España, pero non tiveron fortuna neses instantes finais e erraron na última acción que lles podía garantir a prórroga. O partido comezou con moitos nervios por parte do conxunto galego, imprecisións e perdas de balón que fronte á intensidade das vascas, lles impedía ir dominando. Pero aínda así salvaron os primeiros 25 minutos cun empate.
A segunda parte continuou na mesma dinámica: Euskadi chegou conseguir unha renda de 4 goles a falta de 6 minutos para finalizar o encontro, pero as minigalaicas reaxustaron a súa defensa e cunha actuación espectacular da súa porteira Mariam Mera, con 20 paradas durante todo o encontro, conseguiron chegar ao último minuto de partido empatadas. Pero nestes segundos finais, as vascas lograron poñerse por diante e as galegas aínda tiveron a súa oportunidade para acadar a prórroga, pero non acertaron neste último lanzamento. A selección galega infantil feminina xogará agora polo quinto posto. Este sábado enfrontarase á Comunidade Valenciana (9:30 horas, CGTD).
Galicia, 15: Mariam Mera, Alba Afonso (4), María González (1), Lucía Álvarez, Helena Sánchez, Carla Baltasar, Mara González, Athenea Barreiro, Naira González (1), Claudia Peña, Lucía Villamarín (4), Aroa Patiño, Yaiza Alonso (2), Carla Vidal, Lorena Vaello (1), Noelia Solla (2).
Euskadi, 16: Yanis Aguado, Ane Valero (5), Paula Molano (3), Araitz Prieto, Maialen Fernández, Laida Zaballa, Naida Orzaiz, Estábiliz Zuazua. Ugazi Manterola (2), Leire Treviño (1), Miren Garate, Udane Macazaga (2), Miren Armentia (2), Ane Treviño, Elsa Pereiro (1), Garoa Sarrionaindia-Ibarra.
Parciais: 2-1, 2-3, 3-4, 5-6, 8-8 (descanso), 9-10, 9-13, 10-14, 11-14, 15-16 (final).
CADETE MASCULINO: Galicia, 27 – Castela e León, 31
Comezou o partido moi igualado e con alternancias no marcador. Os galegos estaban moi cómodos atacando a defensa 3-3 e ían por diante aínda que con distancias curtas. Con todo, tralo cambio defensivo a 6:0, os galegos atascáronse e sen lanzamento exterior, carecían de resposta. Así chegamos ao descanso (15-16). Na segunda parte a maior frescura por parte da selección de Castela e León permitiulles distanciarse ata os 4 goles, renda que foi capa de manter a pesar dos intentos galegos. Este sábado, Galicia xogará polo quinto posto contra Navarra (Navia, 18:00 horas)
Galicia, 27: Pablo González, David Álvarez, Carlos Álvarez (2), Mario Cancela, Víctor Fernández (7), Diego Pérez (6), Roi Gallego (2), Jaime Leira (2), Javier Iglesias (1), Carlos Mariño, Daniel Gómez, Anxo Fraga, Alejandro López, Román Arboleya, Alejandro Gómez (4), Mateo Arias (3).
Castela e León, 31: Alejandro Sánchez, Ángel Pescador, Kevin Lodos (1), Sergio Torio (1), Marcos García, Alejandro Lodos (12), Javier Gómez (5), Óscar Marugán, Diego Pérez (2), Diego Alonso, Sergio Casares (3), Darío Sanz (6), Alberto Roldán, Antonio Martínez (1), Alejandro Alonso, Miguel Guarido.
Parciais: 3-5, 6-7, 9-9, 11-9, 13-12, 15-16 (descanso), 17-19, 20-22, 21-23, 23-27, 25-28, 27-31 (final).
XUVENIL FEMININO: MADRID, 36 – GALICIA, 25
A selección galega xuvenil tiña un duro rival no seu acceso ás semifinais e Madrid cumpriu co previsto. A intensidade defensiva das madrileñas provocaba perdas de balón por parte das galegas, que se traducían en contraataques e transicións rápidas, que remataban en gol. Na segunda metade, con todo perdido, o seleccionador Javier Luengo apostou por unha defensa aberta 3:3 e a utilización da porteira-xogadora en ataque, o que por momentos resultou efectivo e lle permitiu recortar cinco tantos. Ao final, 36-25 e Galicia queda fóra do bombo das semifinais. O combinado galego xogará polo quinto posto contra a Comunidade Valenciana (10:30 horas, Coia).
Madrid, 36: Nicole Wiggins (1), Virgina Jiménez (1), Claudia Zahonero, Julia Diaz (2), Marina Fidalgo (1), María Abellán (2), Alba Fernández (4), Raquel Esteban (1), Malena Valles (6), Yadira Morales (5), María Palomo (2), Paula María Pérez, Marina González (2), Silvia Pérez, Daniela Moreno (9), Laura Cordero.
Galicia, 25: Uxía Ferreiro, Sarai Espiñeira (4), Marta Groba (2), Lara Docampo, Raquel Sineiro, María Pereira (7), Sandra Sánchez (1), Ángela Rodríguez (2), Andrea Fernández, Begoña Otero, Uxía López, Sandra Blanco, Aitana Santomé (2), Sara Estévez (7), María Groba, María Álvarez.
Parciais: 2-1, 7-2, 10-3, 14-6, 17-6, 21-7 (descanso), 20-10, 26-13, 29-16, 31-18. 33-21, 36-25 (final).
CADETE FEMININO: Galicia, 28 – Murcia, 17
Partido sempre complicado de xogar debido ao golpe do día anterior ao caer eliminados no Campionato e ter que disputar a Copa. Pese a todo as galegas souberon levantarse e afrontar o choque. Dominio total do encontro por parte de Galicia que non deu opción ás murcianas: Ao descanso xa dominaban cun 17-9. Na segunda parte, as nosas estiveron un pouco máis imprecisas e iso sumado a un pouco de relaxación fixo que a diferenza non fose moito máis ampla, acabando con ese 28-17 final. Este sábado Galicia xogará a semifinal da Copa contra Cantabria (13:00) en A Seca (Poio).
Galicia, 28: Adriana Ayude, Adriana Mallo (1), Antía Seijo (3), Verónica de Cristófaro (2), Silvia Leiras (2), Ithaisa Trigo (4), Carme Castro (1), Marta Dasilva (4), Area Martínez, Paula Gómez, Antía Estévez, Sara Román (2), Ana Benavides (1), Laura Magdaleno (7), Sabela Abalde, Sabela Miniño (1).
Murcia, 17: Paula Carcelén, María Martínez, Lola Díaz, Sofía Escámez, Marta Chamorro, Natalia Fernández (3), Ana María Molina (1), Cristina García (9), Lucía Pujante (1), Patricia Reyes, Laura María de Diego, Erika Fernández (2), Luca García (1).
Parciais: 4-3, 9-5, 12-6, 15-8, 16-8, 17-9 (descanso), 19-10, 23-10, 24-12, 25-13, 27-14, 28-17 (final).